|
Agora culturagalega.org aumenta o seu contido en RSS para adaptar aínda
máis o portal ás túas necesidades.
culturagalegaRSS vai estar contigo xusto cando
o precises, porque non fai falta que te conectes para acceder a unha base
de datos de referencias entre as que están as nosas últimas
1.000 noticias publicadas, todo o noso fondo de libros de lg3, todas as
nosas fichas de producións audiovisuais de AVG, referencias aos
nosos certames, etc. E cada vez que te conectes a Internet, culturagalegaRSS
vai descargar por ti as actualizacións destes vizosos fondos sen
que ti te teñas que preocupar en baixalos
Máis características
Vista múltiple
CulturagalegaRSS instálase no teu PC e ten tres vistas. Á
esquerda, indícache os fluxos RSS aos que estás conectado.
Na esquina superior dereita, aparecen os titulares das novidades, e no
recanto inferior dereito poderás acceder á información
en detalle.
Navegación simultánea no portal
culturagalegaRSS permíteche cargar directamente as páxinas
en liña nunha fiestra noseu interior, para ampliar aínda
máis a información subministrada e poder navegar en tempo
real.
Liberdade de escolla
En calquer momento podes engadir, editar ou modificar fluxos ao programa,
xa que é totalmente configurable e modificable. Nós, por
exemplo, empregámolo para poder consultar máis rapidamente
as edicións culturais dos medios, bitácoras, etc.
|
|
¿QUE
É O RSS? |
|
Unha tecnoloxía
que exporta a información de culturagalega.org a un formato
independente, que ti podes introducir en programas, nalgúns
navegadores como Firefox, na túa páxina web ou noutras
aplicacións. O RSS ten dúas funcións principais:
permitirte consultar as novidades do portal en calquera momento sen
visitar a páxina e gardar esa información. Dese xeito,
a través do fluxo RSS, podes acceder a decenas de sitios web
distintos cun só click e ler só aquelo que che interese. |
NOTAS TÉCNICAS |
|
culturagalegaRSS 1.0 beta é unha versión traducida ao
galego de Feed Reader 2.90,
con algúns marcadores preconfigurados. Feed Reader e culturagalegaRSS
distribúense baixo licenza GPL (licenza en galego
- norma AGAL - licenza en español).
culturagalega.org actualizará o software e adaptará
versións para outros sistemas operativos cando a comunidade
de desenvolvedores publique novas distribucións de Feed Reader
para estes.
Culturagalega.org non presta soporte técnico para culturagalegaRSS.
Con todo, se o precisara, pode buscar solucións e facer consultas
na páxina
oficial de soporte de Feed Reader.
Agradecemos, en todo caso, calquera comentario que nos permita mellorar
a nosa distribución do programa. Poden envialos a redaccion@culturagalega.org |
|