MUSICA EN GALICIA | MeGA | culturagalega.orgNoticias sobre a musica en Galicia
mega/
2024-03-29T02:43:01+01:00Logo culturagalega.org
http://www.culturagalega.org
imaxes/footer/titulo.giftext/html1970-01-01T00:00:00+01:00culturagalegaorgMEGA | música en galiciaCoñécense os proxectos seleccionados para as Residencias Artísticas Mariñán
http://www.culturagalega.org/mega/noticia.php?soportal=rcg&id=36175
A Deputación da Coruña daba a coñecer este 26 de marzo a resolución da segunda xeira das Residencias Artísticas Mariñán de Literatura e Pensamento. Carmen Marina Vidal Valiña protagonizará a residencia de pensamento mentres Francisco Rodríguez Casal, Esperanza Mariño Davila e Laura Martínez Mateo foron escolleitos para as literarias.text/html1970-01-01T00:00:00+01:00culturagalegaorgMEGA | música en galiciaCemento Musgo debuta cun visuálbum pioneiro
http://www.culturagalega.org/mega/noticia.php?soportal=rcg&id=36168
Once cancións acompañadas doutros tantos vídeos compoñen o visuálbum co que se presenta Cemento Musgo. Neste formato pioneiro no noso país combínanse as artes de Sokram, voz de Dios ke te Crew, ilustrador e muralista, do produtor parisino Coio, que corre coa parte musical do proxecto, e mais do artista visual A.L. Crego, pioneiro do gif art, que achega o aspecto gráfico. O álbum foi gravado, mesturado e masterizado por Møu, de Dios ke te Crew, en Rapapoulo Estudio.text/html1970-01-01T00:00:00+01:00culturagalegaorgMEGA | música en galiciaTanxugueiras e Fillas de Cassandra finalistas en catro categorías dos Premios MIN
http://www.culturagalega.org/mega/noticia.php?soportal=rcg&id=36154
Pasadas as fases de votación do público e do xurado profesional os XVI Premios Min da música independente española presentaron onte a lista de finalistas de cada categoría, xa con vistas a resolverse o vindeiro 17 de abril na gala de entrega de galardóns. Cinco proxectos musicais compoñen esta lista final de cada premio e ata doce nomes proveñen da escena musical galega. No caso do premio ao Mellor Álbum en Galego os candidatos que poden levar o premio deste ano son Grande Amore, por II (Ernie Records); Fillas de Cassandra, por Acrópole (Tremendo Audiovisual); Caamaño & Ameixeiras, por 'Quitar o aire' (Raso estudios); Ortiga, por 'Ortiga e Pili Pampín' (Ernie Records) e Boyanka Kostova, por ' Os meus peidos cheiran a pétalos perfumados' (Ernie Records). A categoría está claramente dominada por apostas que transitan entre a música urbana e a tradicional, con tres referencias da discográfica Ernie records e unha duplicidade por parte de 'Chicho do funk', presente a través do seu proxecto Ortiga e tamén como metade do dúo Boyanka Kostova. Ademais diso, esta é unha das dúas categorías onde compiten entre si Fillas de Cassandra e Caaamaño & Ameixeiras, que tamén son finalistas a Mellor Álbum de Música de Raíz. En concreto, o proxecto de Fillas de Cassandra xunto co das Tanxugueiras, son as representacións da escena galega máis presentes nestas candidaturas finalistas dos Premios MIN, aspirando a levara ata catro galardóns. text/html1970-01-01T00:00:00+01:00culturagalegaorgMEGA | música en galiciaCostas e Soto recuperan o repertorio de Siniestro Total para os directos
http://www.culturagalega.org/mega/noticia.php?soportal=rcg&id=36146
A piques de cumprir dous anos do que foi o derradeiro concerto de Siniestro Total, celebrado no Wizink Center de Madrid o repertorio dos 40 anos de actividade da banda xa ten continuidade sobre os escenarios e ademais con autenticidade absoluta. Será o vindeiro 30 de abril cando debute en directo a formación Hey Hematoma, unha banda que vai máis alá do tributo, xa que son algúns dos membros fundadores de Siniestro Total os que a conforman. En concreto son Javier Soto e Miguel Costas os que abandeiran este proxecto musical sobre o repertorio da banda. Os dous formaron parte do grupo inicial, se ben Costas deixouna en 1994, pero Soto seguiu ata o final nela. Acompáñalles nesta aventura Andrés Cunha, o que foi o último batería que pasou por Siniestro desde 2018, xunta eles completan a formación Alberto Cunha e Chus Dasilva. O legado da banda que foi recoñecida cunha Medalla Castelao en 2023 terá lexítima continuidade así, canda menos sobre os escenarios.text/html1970-01-01T00:00:00+01:00culturagalegaorgMEGA | música en galiciaTres festivais galegos son os mellores da península nas súas categorías
http://www.culturagalega.org/mega/noticia.php?soportal=rcg&id=36141
O mellor Festival de Pequeño tamaño da península ibérica no ano 2023 foi o 17° Ribeira Sacra e o mellor dos celebrados nun recinto interior foi o Underfest SON Estrella Galicia, de Vigo. Ademais diso o Festival O Son do Camiño de 2023 foi recoñecido polo xurado profesional da oitava edición dos Iberian festival Awards como aquel cuxa organización dá aos artistas a mellor acollida e recepción. A gala final de entrega destes galardóns deixou un palmarés no que están presentes catro eventos galegos entre premios absolutos a nivel peninsular e aqueles que se conceden a niveis estatais. Entre este últimos volve estar o festival do Monte do Gozo, O Son do camino, polo traballo de cobertura audiovisual feito pola promotora Esmerarte nesta edición, que destaca así entro resto de festivais españoles. Tamén a edición de 2023 de o festival SonRías Baixas de Bueu, acadou un galardón estatal pola súa capacidade promoción turística. Ao final, dos oito festivas galegos que optaban a premio na fase de finalistas foron a metade os que consequiron algún dos dezaseis galardóns aos que optaban.
text/html1970-01-01T00:00:00+01:00culturagalegaorgMEGA | música en galiciaThe Rapants poñen en marcha 'La máquina del buen rollo'
http://www.culturagalega.org/mega/noticia.php?soportal=rcg&id=36134
Os muradáns The Rapants son hoxe en día unha das bandas máis presentes da escena galega do pop, desde que en 2021 gañaron o concurso de bandas emerxentes Sonidos Mans Salas a formación non fixo máis que aumentar a súa presenza e alcance en salas e festivais. Agora presentan o seu terceiro traballo longo, 'La máquina del buen rollo', apenas un ano máis tarde que o anterior 'O Corasón como un after'(2023). Con este novo disco a formación quere amosar unha evolución do seu son e un retrato sonoro o máis fiel posible ao espírito da banda. Nove temas cheos de enerxia para desfogar bailando, ateigado, segundo eles, de chiscadelas á vida muradá e con moitas referencias case universais dentro do mundo do pop. Rock, rap ou country son algúns dos estilos polos que transita este 'La máquina del buen rollo', un traballo que os rapantes gravaron o pasado outono nos estudios de Paco Loco, quen axudou á banda a ultimar os detalles dun disco no que cada tema "ten entidade propia". Cada corte ten características propias, mais todos son parte dun mecanismo que fai que o álbum procure reproducir os directos de The Rapants. The Rapants contrapón letras tristes e escuras (nas que contaron coa colaboración de Sara Faro, de Fillas de Cassandra, para Rue Franklin, e Nuno Pico, de Grande Amore, en Cando Pensa en Min) con ritmos e melodías animadas, feitas para bailar.text/html1970-01-01T00:00:00+01:00culturagalegaorgMEGA | música en galiciaA novena xeira de De lugares e órganos activa o patrimonio sonoro de Compostela
http://www.culturagalega.org/mega/noticia.php?soportal=rcg&id=36132
Cicno concertos ao vivo compoñen o eixe do programa da novena edición de <i>De lugares e órganos</i>. A iniciativa que pon en valor o patrimonio organístico de Santiago de Compostela desenvólvese entre o 21 e o 31 de marzo a contar cos instrumentos conservados nas igrexas de San Paio de Antealtares, Santa Clara, a capela das Ánimas, a igrexa de San Miguel dos Agros e a igrexa da Universidade.text/html1970-01-01T00:00:00+01:00culturagalegaorgMEGA | música en galiciaMilladoiro celebra o 45 aniversario do seu primeiro concerto na Coruña
http://www.culturagalega.org/mega/noticia.php?soportal=rcg&id=36120
O 15 de maio de 1979 no teatro do colexio Salesianos da Coruña unha nova formación de música folk subía ao escenario a estrearse ante o público baixo o nome Milladoiro. Co tempo esta formación chegou a acadar grande popularidade alcance así como fitos enormes para a cultura galega. Percorreu escenarios de todo o mundo e recibiu recoñecementos senlleiros como a Medalla de Ouro de Galicia (2012), Medalla Castelao da Xunta de Galicia (2004); o premio Goya á mellor banda sonora orixinal, por "La Mitad del Cielo" en 1986; o premio da Música concedido pola SGAE e AIE ou o Pedrón de Ouro, concedido polo Padroado Rosalía de Castro no ano 1985. Agora, 45 anos despois daquel concerto de presentación organizado polo Ateneo herculino e co gallo de conmemorar esa efeméride, a senlleira banda volve subir ao escenario no Pazo da Cultura da cidade que a viu nacer para ofrecer un evento singular coa súa actual formación na que están Xosé V. Ferreirós, Nando Casal, Moncho García, Harry.c, Manú Conde e Manuel Riveiro. Será o vindeiro 19 de maio cando Milladoiro celebre o seu concerto de 45 aniversario e xa está á venda as entradas para asistir. text/html1970-01-01T00:00:00+01:00culturagalegaorgMEGA | música en galiciaDakidarría presentan o directo da súa conmemoración de vinte anos
http://www.culturagalega.org/mega/noticia.php?soportal=rcg&id=36118
Os Dakidarría colléronlle gusto a gravar os seus directos conmemorativos. Se fai agora 8 anos a banda presentaba o disco en directo en formato CD-DVD 'De cuncas e de mar' (2016), co que celebraban os seus 13 anos de traxectoria agora o motivo foi a celebración o pasado ano do seu vinte aniversario que celebraron sobre os escenarios en cun concerto conmemorativo o 9 de setembro no marco do festival Revenidas en Vilaxoán de Arousa. Daquela noite sae agora "XX"( El Garaje Producciones), a gravación do directo onde inmortalizan aquela noite na que contaron coa colaboración de máis de 50 artistas, nun percorrido sonoro de vinta cancións e máis de dúas horas a través dos vinte anos de vida deste grupo do Val Miñor, referente na defensa da cultura popular e contestataria. Entre as colaboradoras deste traballo destacan figuras como Xurxo Souto, Tanxugueiras, Boikot, La Raíz, Mondra, ou High Paw. text/html1970-01-01T00:00:00+01:00culturagalegaorgMEGA | música en galiciaXacarandaina leva o II Premio Opinión Acontecemento Musical do Ano
http://www.culturagalega.org/mega/noticia.php?soportal=rcg&id=36111
O vindeiro 2 de abril celébrase no Teatro Rosalía da Coruña a gala dos XXIII Premios Opinión da Música de Raíz. De xeito previo a dar a coñecer os proxectos vencedores desta edición, a organización do encontro presentaba este 9 de marzo as propostas que foron recoñecidas cos premios especiais do certame.text/html1970-01-01T00:00:00+01:00culturagalegaorgMEGA | música en galiciaO festival da diáspora EmigraSON celebra segunda edición
http://www.culturagalega.org/mega/noticia.php?soportal=rcg&id=36105
A mocidade da diáspora galega en Bruxelas reunirá esta fin de semana na capital belga un elenco de representantes da escena musical galega no que será a segunda edición do festival EmigraSON. Esta iniciativa autoxestionada por un grupo de xente nova emigrada, conta este ano co apoio da Xunta de Galicia, e as empresas Deleite e Rei Zentolo, que súmanse nesta segunda edición aos apoios do Parlamento Europeo e nomeadamente dos eurodeputados Nicolás Casares (PSOE) e Ana Miranda (BNG). Os organizadores buscan "achegar Galicia a súa cidade e crear un lugar de encontro para a mocidade galega no estranxeiro" e con esa finalidade acadaron levar unha representación da puxante escena musical galega actual. O programa ábrese hoxe coa actuación do dúo Aldaolado nas instalacións do Instituto Cervantes, para posteriormente celebrar unha foliada coa formación Alumea no local do Colectivo García Lorca. O cartel do que é propiamente o festival musical a celebrar o sábado inclúe a Ataque Escampe, Catuxa Salom, Grande Amore, Lontreira e The Rapants,, todos eles actuarán desde as 16:30 horas no local La Tricoterie da capital belga. O evento serve tamén de marco á celebración do Iº Foro de Investigadores Galegos no Estranxeiro, organizado pola Rede Galega pola Investigación, InvestiGal, que reúne a ducias de investigadores galegos que traballan en países diversos. text/html1970-01-01T00:00:00+01:00culturagalegaorgMEGA | música en galiciaA Real Filharmonía de Galicia estrea hoxe en Vigo unha obra de Jacobo Gaspar
http://www.culturagalega.org/mega/noticia.php?soportal=rcg&id=36098
O Teatro Afundación de Vigo acolle hoxe xoves, 7 de marzo ás 20:00 horas, á real Filharmonia de Galicia que inclúe no seu programa a estrea da peza 'De mar a Mar', obra do compositor Jacobo Gaspar (Mos, 1975) encargada pola RFG. O concerto está enmarcado no programa '(EN)FOCO ondas de inspiración' da formación orquestral, unha nova proposta de programas que consiste en concertos comentados dunha hora de duración para axudar a comprender a música clásica a aquelas persoas que se achegan por primeira vez a ela. A RFG estará baixo a dirección de Johanna Malangré e contará coa participación da musicóloga Rosa Fernández. A estrea do compositor galego abre a velada. Nesta peza, segundo a presentación, "latexa a súa constante busca das posibilidades expresivas do son, a través de texturas e referencias poético-musicais". O concerto inclúe a peza 'Danzas concertantes' de Igor Stravinski, estreadas en Los Ángeles en 1942 co compositor como director; a obra contén toda a enerxía rítmica das súas primeiras composicións e a claridade e refinamento melódico das súas obras neoclásicas. Robert Schumann pon fin ao concerto coa segunda das súas catro sinfonías, estreada por Mendelssohn en 1846 con escaso éxito. Esta obra componse nunha época difícil para Schumann, sumido nun desacougo que non se reflicte na obra, escrita cunha linguaxe moi innovadora e cun empuxe orquestral moi vencellado ao Beethoven sinfónico. O concerto repetirase o venres, 8 de marzo, no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela.text/html1970-01-01T00:00:00+01:00culturagalegaorgMEGA | música en galiciaXabier Díaz retorna coas Adufeiras de Salitre en Axúdame a sentir
http://www.culturagalega.org/mega/noticia.php?soportal=rcg&id=36087
Desde este 29 de febreiro está dispoñible en tendas e plataformas dixitais <i>Axúdame a sentir</i>, o novo disco de Xabier Días e Adufeiras de Salitre. O álbum de once temas, supón unha renovación nos sons deste proxecto, coa incorporación de baixo ou guitarra eléctrica, novos tons na percursión e unha maior carga de creación propia nas letras, que manteñen as habituais formas de raíz.text/html1970-01-01T00:00:00+01:00culturagalegaorgMEGA | música en galiciaNace en Redondela A Fedora, Conserveira cultural
http://www.culturagalega.org/mega/noticia.php?soportal=rcg&id=36083
Este 2 de marzo abría as súas portas en Redondela A Fedora. Co epígrafe <i>Conserveira cultural</i>, este novo espazo recupera para o público unha antiga nave industrial da vila. Da man da Asociación Cultural A Fedora, este espazo propón manter unha programación estable de concertos e artes escénicas.text/html1970-01-01T00:00:00+01:00culturagalegaorgMEGA | música en galiciaUnha gala na Coruña conmemora a Luísa Villalta
http://www.culturagalega.org/mega/noticia.php?soportal=rcg&id=36082
A coincidir co vixésimo aniversario do falecemento da homenaxeada o Día das Letras Galegas deste 2024, a Federación Galiza Cultura organiza este 6 de mrazo <i> Inaugurar o tempo da xustiza. Celebrando a Luísa Villalta</i>. O Teatro Rosalía de Castro acolle esta gala que mestura música e poesía e que estará presentada por Xosé Manuel Carril.text/html1970-01-01T00:00:00+01:00culturagalegaorgMEGA | música en galiciaUnha mostra pon de relevo o patrimonio oleiro da provincia de Lugo
http://www.culturagalega.org/mega/noticia.php?soportal=rcg&id=36076
Duascentas cincuenta pezas de cerámica tradicional elaboradas nos centros oleiros provincia de Lugo. Esta é a proposta que a exposición <i>Conciencia dunha tradición. Olaría de Mondoñedo, Bonxe, Samos e Gundivós</i> abría a súas portas no Vello Cárcere da capital provincial este 29 de febreiro e permite achegarse a este patrimonio artesán ata o vindeiro 17 de maio.text/html1970-01-01T00:00:00+01:00culturagalegaorgMEGA | música en galiciaNace Gratia Plena, "un festival en feminino"
http://www.culturagalega.org/mega/noticia.php?soportal=rcg&id=36072
Dúas actuacións, os días 3 e 10 de marzo, compoñen o programa da primeira xeira de Gratia Plena. Este proxecto da Fundación Santamaría-Teme nace en Ourense a se definir como "un festival en feminino" e desenvolve as súas actividades da Capela do Santo Anxo arredor do Día Internacional da Muller que se celebra o 8 de marzo.text/html1970-01-01T00:00:00+01:00culturagalegaorgMEGA | música en galiciaO Centrad organiza unha xornada sobre chirimía e sacabuche
http://www.culturagalega.org/mega/noticia.php?soportal=rcg&id=36065
O Centrad, Centro de Artesanía e Deseño da Vicepresidencia da Deputación de Lugo organiza esta fin de semana a Iª Xornada de chirimía e sacabuche. Trátase dun obradoiro teórico práctico no que os participantes coñecerán o funcionamento de instrumentos renacentistas de vento entre os que están destacados a chirimía e o sacabuche, considerado o antepasado do trombón. A formación estará impartida polo grupo almeriense Anónimo IV Ensemble de Música Renacentista e Medieval e comezarán o venres pola tarde e o domingo rematarán ao mediodía. O programa durante as tres xornadas inclúe palestras sobre instrumentos de palleta dupla na península Ibérica dende o Islam ata o século XV ou de instrumentos de vento nas catedrais galegas. Tamén se levarán a cabo clases grupais sobre o temperamento mesotónico e a relación coas tonalidades, características acústicas das chirimías, o papel do sacabuche nas transposicións ou a interpretación de obras en conxunto. As persoas interesadas poden inscribirse a través do correo electrónico chirimiasgalegas@gmail.com ou no teléfono 629 421 544. O Centrad de Lugo custodia unha colección de instrumentos musicais e obxectos sonoros e programa obradoiros e mostras para achegarse a eles.
text/html1970-01-01T00:00:00+01:00culturagalegaorgMEGA | música en galiciaCorenta artistas de Galicia piden apoio para os Premios MIN
http://www.culturagalega.org/mega/noticia.php?soportal=rcg&id=36046
Ata corenta artistas da escena musical galega forman parte das candidaturas desta fase dos Premios MIN da música independente estatal, case a metade deles compiten, entre outras categorías, na de Mellor álbum en galego do 2023. Estes premios organizados pola Unión Fonográfica Independiente (UfI), que van pola súa XVIª edición, contemplan ata 21 categorías de galardóns diferentes, xa sexa por xénero, formato, técnicos ou por linguas, ademais dun premio honorífico. Actualmente o proceso da convocatoria actual vai pola súa cuarta fase, o que implica a votación pública a través da plataforma en liña ata o 8 de marzo, tras diso será o momento dun xurado designado pola organización para definir os finalistas. text/html1970-01-01T00:00:00+01:00culturagalegaorgMEGA | música en galiciaFillas de Cassandra presentan hoxe o seu espectáculo 'Últimas dionisíacas'
http://www.culturagalega.org/mega/noticia.php?soportal=rcg&id=36020
Na actual conxuntura da industria musical, para un artista ou unha formación a presentación dun espectáculo e unha xira pode chegar nalgúns casos a ser o equivalente ao que tradicionalmente foi presentar un traballo discográfico. A elaboración dun espectáculo, os arranxos musicais e posta en escena poden resultar tan diferentes respecto ao que sería a escoita da música gravada que resulta un produto singular en si mesmo, é algo que grandes artistas internacionais veñen facendo desde hai tempo e que agora xa está á orde do día en circuítos máis achegados. Este é o caso das Fillas de Cassandra, que hoxe mesmo comezan a xira 'Últimas Dionisíacas' na súa cidade natal, Vigo. Tras esgotar, en menos de 10 días, os 1.400 billetes dispoñibles para a cita no Auditorio Mar de Vigo, o dúo conformado por María SOA e Sara Faro estreará no hall do recinto o seu novo directo. Logo da estrea viguesa, Fillas de Cassandra levará as Últimas Dionisíacas á cidade da Coruña o vindeiro 22 de febreiro, nunha cita enmarcada na celebración do Día dos Medios en Galego (que terá lugar na sala INN e para a que tampouco quedan billetes dispoñibles)