Notice: Undefined variable: totalRows_rs_galeriaImaxes in /var/www/html/cultura/html/avg/index.php on line 184 ||| AVG ||| AudioVisual Galego

NOTICIAS

TRES LONGAMETRAXES E OITO CURTAMETRAXES RECIBIRáN AS SUBVENCIóNS DA AGADIC

02/07/2025

A Axencia galega de Industrias Culturais (Agadic) ven de facer pública a resolución da concesión de subvencións á creación audiovisual para a promoción do talento audiovisual galego convocada en xaneiro deste ano. Esta liña de axudas está dotada, ao igual que as dúas convocatorias anteriores, con 176.000 euros a repartir entre 2025 e 2026 e con tres modalidades: curtametraxes sobre proxecto; curtametraxes en construción (pendentes de traballos de postprodución); longametraxes. Nesta convocatoria presentáronse en total case 110 proxectos, resultando beneficiarios, tal e como constaba nas bases, 11 entre as tres modalidades. O que supón un alcance do 10 por cento dos solicitantes.

Amplía a nova

A SEGUNDA EDICIóN DO EVENTO MARINENSE PREMIOU TAMéN A CURTAMETRAXE 'CHELITO'

30/06/2025

A segunda edición do Festival Cine do Mar de Marín, pechouse esta fin de semana co seu reparto de premios. O documental 'Mexillonaria', do realizador Pablo Chouza, acadou o premio Sardiña de Ouro do Xurado do festival. O premio do público, o Polbo de Ouro foi para a curtametraxe 'Chelito' do marinense Carlos prado Pampín. O Museo do Mar de Marín organiza este festival para promover a valoración do mar como ecosistema e a concienciación medioambiental, así como a dignificación dos oficios relacionados co mar e o recoñecemento das persoas vinculadas ao mar. No mesmo acto, tamén se entregaron os premios do primeiro Certame de Fotografía do Mar, que organizou tamén o Museo do Mar de Marín. O primeiro premio foi para a obra 'Tempo só no mar', de Daniel Riobó Vázquez. O segundo foi para 'Mexilla', de Ignacio Abella Diéguez, que tamén obtivo o terceiro posto con 'Atardecer nos Parques de Carril'.

Amplía a nova

A PROXECCIóN EXTERIOR DO SECTOR PROTAGONIZA A NOVA XEIRA DO ENCONTRO ENTRE OS DíAS 23 E 27 DE XUñO

19/06/2025

Co lema Audiovisual galego. Traspasando fronteiras, a vila de Celanova acolle entre os días 23 e 27 de xuño o vixésimo primeiro Curso de Medios Audiovisuais. A veterana cita analizará a proxección exterior do sector galego da man de nomes destacados de diferentes ámbitos. A Fundación Carlos Casares e Universidade de Vigo organizan este encontro coa colaboración de Consellería de Cultura e da Deputación de Ourense.

Amplía a nova

A REALIZADORA RECIBIRá O PREMIO ESPECIAL CURTOCIRCUíTO ATLAS

18/06/2025

O Festival Curtocircuíto, que celebra a súa 22ª edición o vindeiro 1 de xullo, dará este ano un premio especial honorífico de recoñecemento á traxectoria. O Premio Especial Curtocircuíto Atlas, que inclúe unha dotación de 3.000 euros, será este ano para a realizadora francesa Lucile Hadzihalilovic (Lyon, 1961). O festival recoñece deste xeito a súa traxectoria e proxectará parte da súa obra ademais de levar a cabo un encontro entre a cineasta e o público que estará conducido pola xornalista cultural Elsa Fernández-Santos.

Amplía a nova

A CORUñA ACOLLE O ENCONTRO ENTRE OS DIAS 3 E 5 DE XULLO COA PRODUCIóN VIRTUAL COMO EIXE

16/06/2025

Mundos Digitales, o congreso internacional de animación, celebra na Coruña a súa nova edición entre os días 3 e 5 de xullo. Co director Tim Miller como figura máis destacada, a produción virtual preséntase como eixe central desta xeira, que se presentou precisamente no novo plató virtual Coruña Estudio Inmersivo na mañá deste 16 de xuño.

Amplía a nova

A LIñA DE SUBVENCIóNS AUMENTA O ORZAMENTO POR RIBA DE DOUS MILLóNS DE EUROS

16/06/2025

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases da convocatoria para concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para a realización de rodaxes audiovisuais en Galicia. Esta liña de subvencións contan cun orzamento de 2.200.000 euros e están cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027. Este orzamento supón un aumento en 200.000 euros respecto ao anterior e as contías máxima a recibir por proxecto oscilan entre os 300.000 e os 350.000 euros. Estas subvencións destíñanse a producións, tanto de longametraxes coma series, que teñan como destino final principal a exhibición cinematográfica comercial ou a emisión en canles de televisión ou plataformas de servizos de vídeo baixo demanda con implantación xeográfica nacional e internacional

Amplía a nova

VIDEOS

PRODUCIÓNS

PROFESIONAIS

GALERÍAs

DOCUMENTOS

  1. Dossier | Pacios. As fotos da memoria Ficha abreviada, en portugués, desta obra-retrato dos viciños dun lugar galego

  2. Dossier | A paixón de María Soliña Ficha técnico-artística completa e notas de produción deste traballo sobre a figura histórica.

  3. Dossier | Anacos

  4. Máis documentos

ZONA FAN