AVGj | O soportal do audiovisual galego - culturagalega.org Páxina principal do Soportal do Audiovisual Galego Páxina oficial do Consello da Cultura Galega


Créditos
 

PÓR O AUDIOVISUAL NA REDE.

AVG é un soportal de culturagalega.org, o portal de divulgación cultural do Consello da Cultura Galega. O obxectivo de AVG é a creación de mercado para a producción audiovisual galega, nun producto que mestura entretemento e sistematización. AVG foi realizado en colaboración coa Sección de Comunicación e a Comisión Técnica de Cinematografía e Artes Visuais da Sección de Artes Plásticas do Consello da Cultura Galega.

Créditos da creación:

Manuel Gago

Miguel Alonso

Kike Benlloch

Cristina Mouriño


Colaboradores: Xurxo González (textos de historia), Fernando Redondo, Xosé Pereira, Silvia López, Carmen Fernández

Agradecementos especiais á Facultade de CC. da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.


INSTITUCIÓNS COLABORADORAS

O Observatorio do Audiovisual Galego (ODA) é o autor do núcleo de información en produccións de AVG a partir da súa base de datos "Catálogo do Audiovisual Galego" no bienio 2001-2002.

O ODA ten por obxecto o seguemento sistemático da producción, modo de financiamento e circulación das obras cinematográficas e audiovisuais galegas, a súa catalogación, e a actualización permanente dunha base de datos e documental arredor desta ponla da industria da comunicación e da cultura.

Dende a súa posta en marcha mantén como parceiros a Compañía de Radiotelevisión de Galicia e ó Consello da Cultura Galega. O ODA desenvólvese no seo do Departamento de CC. da Comunicación da Universidade de Santiago.
----------------------------------------------------------------------------
A Asociación Galega de Productoras Independentes (AGAPI) depositou os seus fondos audiovisuais no Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega co obxectivo de que poidan ser consultados por calquer investigador que o solicite. Asímesmo, os fondos permitirán incrementar o banco de datos de produccións históricas do soportal AVG de culturagalega.org.


O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) é o responsable da conectividade que permite a distribución de video baixo demanda.

Centro Galego das Artes da Imaxe
Escola de Imaxe e Son

¿COMO FALAR CONNOSCO?
Ti, a túa producción, a túa empresa ou entidade pode ter presencia en AVG. Facelo é moi doado. Simplemente ponte en contacto connosco:

Correo: avg@culturagalega.org
Teléfono: +34 981957202
Fax: +34 981957205

Enderezo físico:
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
15705 Santiago de Compostela

 
||| AVG ||| O soportal do Audiovisual Galego................{ culturagalega.org }
       
Información
Novas
Reportaxes
Documentos
Certames
Boletíns
Profesionais
Todos
Actores
Directores
Guionistas
Productores
Entidades
Catálogo
Produccións
Extras
Videos
Zona fan
Historia
Profesionais
Inclusión en AVG
Para profesionais
Avisanos
Créditos
Correo