DISTRIBÚE. PROMOCIONA. 
                        GAÑA VISIBILIDADE. 
                         
                        Benvidos e benvidas a AVG, o soportal do audiovisual galego 
                        promovido polo portal culturagalega.org, do Consello da 
                        Cultura Galega. Estás ante a primeira iniciativa 
                        ampla de sistematización da producción audiovisual 
                        no Estado español. Culturagalega.org, a web de 
                        referencia para a cultura galega, chega a un amplo público 
                        de profesionais da cultura e público de entretemento. 
                         
                        AVG está concibido para a promoción 
                          e a creación de mercado para o sector audiovisual 
                          galego, dende o punto das empresas, os profesionais, 
                          as entidades e as institucións. A nosa potente 
                          ferramenta permíteche presentar as túas 
                          produccións -e múltiples materiais asociados, 
                          como trailers, making of, storyboards, bandas sonoras, 
                          membros do reparto- cara un amplo público de 
                          profesionais, afeccionados e interesados. Ademais, culturagalega.org 
                          optimiza os vídeos para que estes poidan ser 
                          vistos por usuarios con conexións moi diferentes 
                          e mínimo nivel de coñecemento técnico 
                          de Internet. Ademais, a presencia do teu producto é 
                          enviada, a través das listas de distribución 
                          de culturagalega.org a un importante número de 
                          subscritores repartidos en todo o mundo.  
                        
                           
                            | AVANTAXES 
                              DE ESTAR PRESENTES EN AVG/CULTURAGALEGA.ORG | 
                           
                           
                             
                              
                                - As túas produccións/ o teu traballo 
                                  están presentes no principal catálogo 
                                  en liña da producción audiovisual 
                                  galega, o cal quere dicir punto de encontro 
                                  para distribuidoras e compradores de producto.
 
                                - Podes multiplicar a presencia promocional 
                                  da túa producción.
 
                                - O teu traballo / producción vai estar 
                                  relacionado coa ficha da túa compañía, 
                                  os teus productos anteriores, e coa ficha de 
                                  curriculum de cada un dos membros de reparto. 
                                
 
                                - Os teus productos audiovisuais serán 
                                  optimizados para Internet sen custes de compresión 
                                  ou de ancho de banda.
 
                                - Non perdes ningún dereito sobre o teu 
                                  producto. 
 
                               
                             | 
                           
                         
                        ¿COMO 
                          FALAR CONNOSCO? 
                          Ti, a túa producción, a túa empresa 
                          ou entidade pode ter presencia en AVG. Facelo é 
                          moi doado. Simplemente ponte en contacto connosco: 
                        Correo: avg@culturagalega.org 
                          Teléfono: +34 981569020  
                          Fax: +34 981588699 
                        Enderezo físico: 
                          Consello da Cultura Galega 
                          Pazo de Raxoi, 2º andar 
                          15705 Santiago de Compostela 
                        Un productor de culturagalega.org porase 
                          en contacto contigo pouco despois de recibírmonos 
                          a túa proposta.  
                        
                        PREGUNTAS 
                          FRECUENTEMENTE CONTESTADAS
                        1. ¿Cobra 
                          o Consello da Cultura Galega polo servicio? 
                          Non. Como institución pública, o Consello 
                          da Cultura Galega ten que obter rentabilidade social, 
                          e non económica. E a rentabilidade social neste 
                          caso é o fomento da lingua e dos contidos galegos 
                          no sector audiovisual e o progreso deste como industria 
                          de futuro para Galicia. O único que se pide é 
                          que nos cedas a copia do material, sempre que sexa posible, 
                          para que pase a formar parte dos fondos do Consello 
                          da Cultura Galega e poida ser consultable no futuro 
                          polos investigadores do audiovisual.  
                        2. ¿Difundir 
                          un material da miña producción supón 
                          que o Consello da Cultura Galega se queda cos dereitos 
                          deste? 
                          Non. Cando decides distribuír un vídeo, 
                          como pode ser un tráiler, un making of, unha 
                          banda sonora, unha producción completa, etc., 
                          ou calquer outro tipo de contido, asinas un acordo non 
                          excluínte co Consello da Cultura para a distribución 
                          en Internet dese producto, que podes rescindir con 15 
                          días de antelación. O Consello da Cultura 
                          Galega non obtén en ningún momento ningún 
                          dereito de propiedade sobre o producto. Pincha aquí 
                          para descargar o modelo de acordo de cesión de 
                          dereitos de distribución. 
                        3. ¿Que tipo de materiais 
                          podo distribuír? 
                          Na práctica, case de todo. Trailers, making of's., 
                          fotografías, bandas sonoras (completas, ou con 
                          cortes), etc.. O mellor é que consultes cos productores 
                          as posibilidades. Ver contacto. 
                           
                          4. ¿Canto tardades 
                          en subir o meu material? 
                          Aínda que a atención ás novas produccións 
                          é prioritaria, depende dos prazos de producción 
                          que teña marcados a redacción de culturagalega.org 
                          e das dificultades que entrañe o material. En 
                          todo caso, o tempo é reducido.  
                        5.¿Que formatos?¿Como? 
                          Aceptamos todo tipo de formatos de envío. Consulta 
                          as seguintes táboas 
                        
                           
                            | ENVÍO 
                              DE MATERIAL PARA AVG/CULTURAGALEGA.ORG | 
                           
                           
                             
                              
                                 
                                  | VIDEO | 
                                 
                                 
                                  | Cintas VHS | 
                                 
                                 
                                  | Cintas MiniDV | 
                                 
                                 
                                  |   | 
                                 
                                 
                                  | DIXITALIZADOS | 
                                 
                                 
                                  | DV | 
                                 
                                 
                                  | AVI | 
                                 
                                 
                                  | MPEG | 
                                 
                               
                             | 
                             
                              
                                 
                                  | AUDIO | 
                                 
                                 
                                  | CD Audio | 
                                 
                                 
                                  |   | 
                                 
                                 
                                  | DIXITALIZADOS | 
                                 
                                 
                                  | MP3 Mínimo 128 kbps | 
                                 
                                 
                                  |   | 
                                 
                               
                             | 
                             
                              
                                 
                                  | IMAXE E DOCUMENTOS | 
                                 
                                 
                                  | TIFF, JPEG, GIF, BMP, PNG | 
                                 
                                 
                                  |   | 
                                 
                                 
                                  | DOCUMENTOS | 
                                 
                                 
                                  | Word, PDF | 
                                 
                               
                             | 
                           
                         
                        6.¿Facedes vós 
                          unha selección? 
                          A decisión final de publicación e distribución 
                          sempre é de culturagalega.org.  
                         
                       |