A segunda edición do Festival Cine do Mar de MarÃn, pechouse esta fin de semana co seu reparto de premios. O documental 'Mexillonaria', do realizador Pablo Chouza, acadou o premio Sardiña de Ouro do Xurado do festival. O premio do público, o Polbo de Ouro foi para a curtametraxe 'Chelito' do marinense Carlos prado PampÃn. O Museo do Mar de MarÃn organiza este festival para promover a valoración do mar como ecosistema e a concienciación medioambiental, asà como a dignificación dos oficios relacionados co mar e o recoñecemento das persoas vinculadas ao mar. No mesmo acto, tamén se entregaron os premios do primeiro Certame de FotografÃa do Mar, que organizou tamén o Museo do Mar de MarÃn. O primeiro premio foi para a obra 'Tempo só no mar', de Daniel Riobó Vázquez. O segundo foi para 'Mexilla', de Ignacio Abella Diéguez, que tamén obtivo o terceiro posto con 'Atardecer nos Parques de Carril'.
'Mexillonaria' acada o premio do Festival Cine do Mar
A segunda edición do evento marinense premiou tamén a curtametraxe 'Chelito'
