A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) daba a coñecer este 12 de outubro a resolución das subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais. A liña apoia un total de 14 propostas presentadas por 12 produtoras diferentes. Entre os beneficiarios están sete longametraxes de ficción, unha de animación, cinco documentais e unha serie televisiva.
Os 300.000 euros con que está dotada a liña apoia o desenvolvemento de "tarefas anteriores á rodaxe dos títulos subvencionados, como escrita do guión, asesorías, financiamento, venda e distribución, xestión de dereitos, investigación ou elaboración de materiais promocionais, entre outras", segundo explica a Agadic.
A categoría A, que subvenciona futuras longametraxes de ficción, conta coas producións Lamprea, de Gaitafilmes con dirección de Ángeles Huerta; A vella e o cocho, producida por Jacobo García Fernández e dirixida por Jacobo Lagüela Castro, e A nena que quería ser Fred Astaire, de Cósmica Producións e con Olga Osorio no guión e dirección. Canda a estas, Adarna, de Matriuska Producciones con Lois Patiño na dirección e no guión; A hora azul, de Frida Films e Eloy Domínguez como director; Handen, de Sétima S. Coop. Galega con Ángel Filgueira na dirección, e Harmonía, de Cristela Torres Nine e dirixida por Rosalía Quiroga completan a listaxe.
Na modalidade de animación, a beneficiada é Sandwich Cat, debut de David Fidalgo na dirección de longametraxes, producida por Zeitun Films. No apartado de cinema documental resultaron beneficiarias A terra das viúvas dos vivos>, de Cósmica Producións coa portuguesa Melanie Pereira na dirección; Que é unha montaña?, de Filmika Galaika, coa que Fran Casal debuta na dirección de longas; A pel prestada, de Meteórica Cine con Alba Prol como directora; Mala hierba, de Zeitun Films, e A curva do tempo, de Somadrome Films e dirección de Ruth Chao. A serie de CTV Password, con Lucía Estévez na dirección, foi o único proxecto recoñecido nesta categoría.
Os proxectos Password presentado por CTV e mais Sandwich Cat, de Zeitun Films, encabezan a listaxe de beneficiados na concesión ao obteren cadanseus 30.000 euros. Séguenos, con 25.000 A nena que quería ser Fred Astaire, Harmonía, Handen, A vella e o cocho, A hora azul, Adarna e Lamprea.
Esta última proposta, que obtivo unha axuda para elaboración do guión por parte de Ángeles Huerta, valeulle a esta cineasta o I Premio Josefina Molina de Guión de Fundación SGAE. O galardón, que se entregou este 11 de outubro no marco do Festival de Sitges, conta cunha dotación de 10.000 euros.