As axudas ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais manteñen a contía

A convocatoria, aberta ata o vindeiro 2 de setembro conta cun orzamento total de 300.000 euros

2/8/2024 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Desde este 2 de agosto e ata o vindeiro 2 de setembro, as produtoras independentes poden solicitar o apoio das subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais galegos que convoca a Axencia Galega das Industrias Culturais. Cun orzamento de 300.000 euros, ao igual que en 2023, esta liña apoia as tarefas previas á produción de proxectos galegos de longametraxes e series tanto de ficción, como de animación ou documentais.

A convocatoria establece un límite máximo de 30.000 euros de axuda para os proxectos de longametraxes de animación e de series de ficción e animación, 25.000 para as longas de ficción e de 20.000 euros e 15.000 euros paras as series e longametraxes documentais, respectivamente.

Entre os requisitos para acceder a esta liña, as produtoras solicitantes deben ter cando menos "un ano de antigüidade e un ano de actividade sen interrupcións no momento da publicación da convocatoria, así como un acordo ou precontrato de dirección e/ou guión para a realización das tarefas de desenvolvemento".

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Animación, Documentais, Axencia Galega das Industrias Culturais, Guión