AGADIC convoca as axudas para desenvolvemento audiovisual

A axencia distribúe un total 175.000 euros entre este ano e 2015

29/7/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

As produtoras audiovisuais poden solicitar a partir de mañá as subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais en lingua galega deste ano. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria da Axencia Galega das Industrias Culturais, que destina un total de 175.000 euros (25.000 este ano e 150.000 en 2015) a este fin. As axudas estás dirixidas a proxectos de longametraxes de ficción e animación, longametraxes e miniseries para televisión e mais pilotos de series e programas para televisión, e teñen unha contía máxima de 20.000 euros. Os interesados en participar na convocatoria dispoñen dun mes a partir de mañá para facer as súas solicitudes. A contía desta liña de axudas increméntase este ano en 25.000 euros a respecto da anterior convocatoria.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Animación, Lingua galega, Axencia Galega das Industrias Culturais