As axudas ao desenvolvemento audiovisual contarán con 40.000 euros máis

A Agadic ten abero o prazo de presentación a esta liña de subvencións

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Un total de 240.000 euros, 40.000 euros máis que no pasado ano, é a contía coa que a Axencia Galega das Industrias Culturais convocou as subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais de produción galega. A convocatoria cobre proxectos de ficción para cine e televisión (longametraxes, series e miniseries), proxectos de animación (longametraxes cinematográficas e series de animación para TV), proxectos de documental para cine e televisión e pilotos de programas para televisión con formatos innovadores. A contía máxima que poderán recibir os proxectos será de 20.000 euro, agás nas categorías de longametraxe de ficción para TV, longametraxe cinematográfica documental, longametraxe documental para TV e piloto de programa para TV que teñen un máximo de 10.000. O prazo de solicitude está aberto ata o vindeiro 28 de xuño.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Documental, Animación, Axencia Galega das Industrias Culturais