As subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais de produción galega contarán na nova convocatoria bianual cun orzamento de 260.000 euros, anos 130.000 euros con cargo ao exercicio 2019 e 130.000 euros con cargo ao exercicio 2020. Así se recolle nas bases da convocatoria publicadas hoxe no DOG para esta liña de axudas da Axencia galega de Industrias Culturais (AGADIC) que se outorgan por concorrencia competitiva. O orzamento supón un aumento de 20.000 euros respecto á convocatoria do ano 2018. Esta liña de axudas contempla catro modalidades de proxecto entre as que terán que elixir as empresas solicitantes: Desenvolvemento de proxectos de ficción para cine e televisión (longametraxes, series e miniseries); proxectos de animación (longametraxes cinematográficas e series de animación para TV); documental para cine e televisión; desenvolvemento de proxectos piloto de programas para televisión que destaquen por ofreceren formatos innovadores e alto potencial de internacionalización. Sen prexuízo da posible presentación de varios proxectos, poderán ser obxecto de subvención un máximo de dous proxectos por solicitante. Os proxectos de animación, sexan longametraxes ou series, os proxectos de ficción para cine e as series e miniseries de ficción para TV poderán optar a axudas de ata 20.000 euros. Mentres, os proxectos de carácter documental, os programas piloto de TV e as longametraxes de ficción para TV terán unha axuda máxima de 10.000 euros.
A finalidade das subvencións é o fomento dos traballos previos á produción audiovisual, nas modalidades establecidas na base quinta, que se atopen en fase inicial de desenvolvemento, e que se prevexa que se levarán a cabo nos exercicios 2019 e 2020. Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas ou xurídicas constituídas como produtoras audiovisuais independentes cunha antigüidade mínima e sen interrupcións dun ano, e con sucursal ou oficina permanente polo menos un ano, previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE, ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea e que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia.