O Diario oficial de Galicia recolle hoxe a convocatoria feita pola Axencia galega de Industrias Culturais (AGADIC) de subvencións a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego. Ata oito modalidades ou submodalidades de produtos audiovisuais poden optar a estas axudas públicas. Longametraxes cinemtográficas de ficción, documentais ou animación –o mesmo nos casos das curtametraxes- e longametraxes e producións televisivas poderán acceder as subvencións segundo as bases. Estas subvencións terán carácter trianual ou bianual, e o importe global máximo para o financiamento da presente convocatoria será igual que nos anos 2015 e 2016 de 2.000.000 euros, distribuÃdos por anualidades: 214.000 euros para o exercicio 2017, 600.000 euros para o exercicio 2018 e 1.186.000 euros para o exercicio 2019. As axudas máximas que cada produción pode recibir están entre o 15.000€ das curtametraxes de ficción, animación e documental en versión orixinal en galego ata os 260.000€ aos que poden chegar as longametraxes cinematográficas de animación en lingua non galega ou as longametraxes de ficción ou as series en versión orixinal en galego. No caso das producións en idioma galego i nivel de orzamento subvencionable pode acadar o 60%. O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do dÃa seguinte ao da publicación desta resolución.