Con case dous meses de adianto a respecto o calendario habitual "para adecuarse o máximo aos planos de traballo anuais das produtoras", a Axencia Galega das Industrias Culturais convocou as subvencións a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego. Dotada como está a ser habitual nos últimos anos con dous millóns de euros, esta liña de subvencións é a de maior contÃa de todas as axudas públicas dirixidas ao sector e manteñen as cinco modalides de longametraxes de ficción en imaxe real, de animación, documentais, curtas de ficción, animación ou documentais e longas e series para televisión. A convocatoria está aberta a solicitudes ata o vindeiro 29 de xaneiro.