A Agadic convoca as axudas a producións e coproducións audiovisuais

Manteñen a súa contía de dous millóns de euros para apoiar longametraxes, documentais, series ou proxectos de animación

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a convocatoria das subvencións a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego, a liña de apoio ao audiovisual do país que conta con máis fondos. Como é habitual, a convocatoria achega dous millóns de euros repartidos en tres anualidades para desenvolver longametraxes cinematográficas de ficción, de animación, documentais, curtametraxes de ficción, animación e documenta e produtos para televisión. Os filmes poderán desenvolverse en réxime de produción e de coprodución, e as empresas interesadas teñen un mes de prazo para presentar os seus proxectos.

Que che parece esta nova?
97 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Animación, Documentais, Axencia Galega das Industrias Culturais