A Xunta convoca as axudas ao desenvolvemento de producións audiovisuais

A convocatoria remata o vindeiro 13 de xullo

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O DOG publicou onte a convocatoria de subvencións ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais de produción galega, por un orzamento total de 185.000 euros. O obxectivo específico desta liña de apoio é impulsar a "posta en marcha de novas longametraxes cinematográficas e produtos televisivos cofinanciando os traballos previos ao proceso de produción". Os proxectos poden ser longametraxes cinematográficas de ficción, animación e documentais; longametraxes e miniseries de ficción para televisión; series de animación para televisión; e pilotos de programas televisivos de formatos innovadores e alto potencial de internacionalización.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Animación, Documentais

Claves