A Axencia Galega das Industrias Culturais facía pública este 1 de xullo a resolución de subvencións para producións e coproducións audiovisuais, a liña de maior dotación das que a Xunta destina ao sector. Dotadas con 2,5 millóns de euros, estas axudas apoiarán o desenvolvemento de trece longametraxes (cinco de ficción en imaxe real, unha de animación e sete documentais), seis curtas e tres series de televisión (unha en imaxe real e dúas de animación).
Na distribución das axudas, conseguiron un apoio máximo de 254.788,80 euros as longametraxes As neves (Cósmica Producións), con Sonia Méndez na dirección; Un pasado por diante (Quien a Hierro Mata AIE), debut de Olga Osorio en longa duración; Fatum de Vaca Films, dirixida por Juan Galiñanes, e mais SICA de Miramemira, que dirixirá a catalá Carla Subirana. Tamén a serie Operación Marea Negra un thriller de catro episodios para Amazon Prime Video con Daniel Calparsoro na dirección, e mais a longametraxe de animación Chica e lobo de Sygnatia.
As axudas apoiarán tamén o lanzamento das longametraxes documentais Salvaxe, salvaxe, de Xiana do Teixeiro; Calada, de Viva Zapata y Villar; Rapa, de Rapa A Película; Hoxe e o resto do mundo, de Matriuska Producciones; O capitán, de VisualsLab, e 2084, de Somadrome Films ademais de Dúas vellas, sete gatos, tres máquinas de coser, coprodución galego-portuguesa encabezada por Agallas Films e con Marta Pérez Pereiro na realización.
Na categoría de longametraxes recibirán subvencións O affair (Pulsa Control Z), de Enrique Otero; Alicia fai cousas, de Ángel Santos; Habitar (Sétima), de Anxos Fazáns; Madalenas (Gaitafilmes), de Félix Brixel; Túa será a terra (Rebordelos), de Xacio Baño, e Nena (Undodez), de Xosé Antonio Touriñán e Jairo Iglesias.