A Axencia Galega de Industrias Culturais ven de reforzar a súa liña de subvencións ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais. O Diario oficial de Galicia publica hoxe as bases dunha nova convocatoria desta liña de acción que estará dotada con ata 300.000 euros, arredor dun 15 por cento máis que en 2020, mentres que mantén as contÃas máxima a percibir por proxecto e as modalidades destes, o que supón aumentar o alcance en número de proxectos como ambición última. O pasado ano estas axudas chegaron a quince producións en fase de inicio. A finalidade das subvencións é o fomento dos traballos previos á produción audiovisual, nas modalidades estipuladas, que seguen a manter unha decidida aposta diferenciada pola animación: longametraxe cinematográfica de ficción, serie ou miniserie de ficción para TV (ata 20.000 euros por proxecto); longametraxe cinematográfica de animación ou serie de animación (ata 20.000 euros); longametraxe de ficción para TV, longametraxe documental cinematográfica para TV e piloto de programa para TV (máximo de 10.000 euros por axuda a este proxectos).
Apoio á presenza en feiras e foros profesionais
Tamén no relativo ao sector audiovisual a AGADIC publicaba onte mesmo as bases das subvencións para a comercialización e difusión de proxectos e obras audiovisuais en foros de negocio especializados e en eventos de cine fóra de Galicia, mediante as que a Xunta agrupa nunha convocatoria as súas dúas liñas anuais de axudas á internacionalización do sector. Esta liña de axudas para a presenza en feiras e eventos leva tres anos existindo e o pasado 2020 sufriu unha redución orzamentaria debida ás caracterÃsticas da situación pandémica que limitaba considerablemente tanto a celebración das propias feiras coma os desprazamentos a elas. Neste ano a convocatoria recupera forza orzamentaria situándose nos 60.000 euros, que se distribuirán ao 50% entre as dúas modalidades. A través da primeira delas, o Goberno galego apoia economicamente a presenza de empresas audiovisuais nunha decena de feiras e mercados profesionais, asumindo o 60% dos custos derivados da asistencia dunha persoa por entidade a citas de referencia internacional que se limitan nun listado de referencia. En canto á segunda modalidade, o seu obxecto é contribuÃr á promoción dos filmes galegos seleccionados nalgún dos máis destacados eventos e festivais do circuÃto estatal e internacional con data de celebración entre o 1 de xaneiro de 2021 e o vindeiro 15 de novembro. As produtoras galegas con traballos seleccionados nalgún dos 41 certames dunha vintena de paÃses relacionados nas bases poden optar a este apoio económico da Xunta para campañas de publicidade, elaboración e transporte do material de difusión, contratación de empresas de relacións públicas ou axentes de prensa, desprazamento e estadÃa de cinco persoas do equipo ou a tiraxe e/ou subtitulado das copias.