Aumenta o orzamento de apoio ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais

O DOG publica hoxe a ampliación de financiamento desta liña ata os 440.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: AudiovisualPolíticas Culturais
Compartir:

A Axencia Galega de Industrias Culturais da Xunta de Galicia (Agadic), publica hoxe no Diario Oficial de Galicia unha resolución pola que amplía o financiamento asignado ás axudas ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais convocadas o pasado mes de agosto. Esta liña de apoio as tarefas previas á produción de proxectos galegos de longametraxes e series tanto de ficción, como de animación ou documentais contaba cun orzamento inicial de 300.000 euros , o mesmo que no ano 2023, e agora vese incrementado ata os 440.000 euros nesta nova resolución que inclúe unha nova distribución bianual.

O aumento de orzamento permitirá chegar a máis proxectos de entre os xa presentados na convocatoria e que quedaban fora pola falta de fondos. A base deste aumento explícase na resolución publicada hoxe grazas a unha dotación aprobada dentro da Conferencia Sectorial de Cultura de 6.000.000 de euros para dúas liñas para o impulso do sector audiovisual, destinadas, por unha banda, ao desenvolvemento de proxectos ou de conxunto de proxectos audiovisuales ou cinematográficos e, pola outra, a laboratorios e incubadoras e/ou desenvolvemento de proxectos audiovisuais. Deste fondo correspóndelle a Galicia un total de 320.986 euros, que, obrigatoriamente deben destinarse a financiar algunha das liñas anteriormente descritas e das que 140.000 euros xa se dedican nesta resolución. Estas liñas deberán convocarse e adxudicarse no ano 2024 e a súa execución rematará o 1 de decembro de 2025 coa presentación da memoria xustificativa final.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documentais, Animación, Xunta de Galicia, Axencia Galega das Industrias Culturais