O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe as bases das axudas da Axencia Galega de Industrias Culturais para o "desenvolvemento de paquetes de propostas audiovisuais que favorezan a recuperación económica do sector". Esta liña de subvencións competitivas para produtora independentes que conta cun orzamento de 1,2 millóns de euros foi aprobada o pasado 29 de decembro polo Consello da Xunta e é a segunda liña de axudas do novo Hub Audiovisual Galego. As bases veñen especificar o obxecto ao que se dirixen, e que consiste nos conxuntos de entre tres e cinco proxectos audiovisuais sobre os que se realizarán as accións e tarefas de desenvolvemento previas á súa fase de produción, dentro do perÃodo subvencionable (2022-2023).
No relativo á distribución por beneficiarios as bases publicadas no DOG tamén especifican que a contÃa máxima de axuda por solicitude é de 150.000 euros. Por cada proxecto individual incluÃdo nestes paquetes de produción as contÃas máximas segundo modalidade da obra quedan en 30.000 euros para longametraxe de animación cinematográfica ou serie de ficción ou animación para TV ou plataformas; 25.000 para longametraxe cinematográfica de ficción; ata 15.000 para longametraxes documentais e 20.000 para series documentais de TV e plataformas. A Xunta cualifica estas axudas como "pioneiras a nivel estatal". As subvencións presentan coma un dos requisitos que as persoas propostas para as funcións de director/a, guionista e produtor/a executivo/a dos proxectos individuais desenvolven a súa actividade habitual en Galicia, condición que se consegue acreditando a participación en dúas obras audiovisuais de produción galega.