NOTICIAS
'ANTES DE NóS' LEVOU OS PREMIOS E OLIVER LAXE TIVO O PROTAGONISMO DURANTE A GALA E FóRA DELA23/03/2026
O filme 'Antes de nós' que narra un dos episodios da vida de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e a súa muller, Virxinia Pereira, foi a produción gañadora indiscutiblemente no reparto dos XXIV Premios Mestre Mateo do audiovisual galego. Pero non foi o mellor filme, iso quedoulle a Sirât, cuxo director Oliver Laxe, presente na cerimonia, foi o protagonista da noite, tanto durante a entrega coma nos espazos exteriores do festexo e no photocall.
10/03/2026
O Curtas Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa ven de ser distinguido desde o prestixioso festival luso Fantasporto, unha referencia internacional en cine fantástico e de terror. Na clausura da 46ª edición do evento portugués entregouse o Premio Especial do Fantasporto ao festival arousán, un recoñecemento que pon en valor a súa traxectoria, a súa contribución ao cine fantástico e o seu labor de promoción internacional do talento galego. Entre ambos festivais existe desde fai anos unha cooperación fluída.
09/03/2026
O Festival Internacional de Animación Imaxinaria regresa á Sede Afundación de A Coruña do 11 ao 15 de marzo cun programa coa maior presenza internacional, e tamén a maior presenza galega, das súas catro edicións. O público poderá asistir ás estreas en Galicia de tres obras nomeadas a galardóns nacionais e internacionais: trátase das longametraxes Decorado e Arco e da curta La jeune fille qui pleurait des perles. Decorado, cinta de Alberto Vázquez que é ademais director do festival, acaba de gañar o Goya á mellor película de animación; e Arco, de Ugo Bienvenu, está nomeada ao Oscar á mellor longametraxe de animación. O filme La jeune fille qui pleurait des perles, de Chris Lavis e Maciek Szczerbowski está nomeada ao Oscar á mellor curtametraxe da animación. A Sección oficial a concurso do festival está composta por 38 curtametraxes internacionais de animación contemporánea organizadas en bloques internacionais e infantís. Todas as películas, que proceden de 18 países, foron producidas en 2025. Máis do 64 % das obras son estreas territoriais, ben en Galicia (13), ben en España. (11). Na selección figuran tamén dúas curtametraxes galegas: O corpo de Cristo (Bea Lema) e Lucus (David Fidalgo Omil).
09/03/2026
A Academia Galega do Audiovisual ven de dar a coñecer os destinatarios dos premios especiais que cada ano acompañan aos galardons Mestre Mateo. Estes recoñecementos, apoiados por algunhas das marcas patrocinadoras dos galardóns, serven para sinalar valores diferentes dos puramente relacionados coa arte e a técnica audiovisual. Este ano recaeron nas series Bibopalula e Pipo e nos filmes As liñas descontinuas e Antes de nós. Esta foi a primeira edición na que o público puido participar directamente na elección dun dos galardóns, votando ás súas producións favoritas a través da web oficial dos Premios Mestre Mateo. En total rexistráronse máis de 2.000 votos.
02/03/2026
O filme Sirât, dirixido polo naviego Óliver Laxe, fíxose con seis dos once galardóns aos que aspiraba na gala dos XL Premios Goya, que se celebrou sábado en Madrid. A produción, malia a non obter ningún dos recoñecementos maiores aos que estaba nomeada, foi a máis premiada da noite.
27/02/2026
Asturias acolle deste este martes 24 de febreiro a rodaxe de Coworkinaos, primeira serie de ficción coproducida pola Televisión de Galicia e Televisión do Principado de Asturias. O proxecto, gravado en galego e en asturiano, é unha comedia sobre as vivencias dun grupo de seis persoas de diferentes idades que comparten espazo de teletraballo no rural.
