A Axencia galega de Industrias Culturais (Agadic) ven de facer pública a resolución da concesión de subvencións á creación audiovisual para a promoción do talento audiovisual galego convocada en xaneiro deste ano. Esta liña de axudas está dotada, ao igual que as dúas convocatorias anteriores, con 176.000 euros a repartir entre 2025 e 2026 e con tres modalidades: curtametraxes sobre proxecto; curtametraxes en construción (pendentes de traballos de postprodución); longametraxes. Nesta convocatoria presentáronse en total case 110 proxectos, resultando beneficiarios, tal e como constaba nas bases, 11 entre as tres modalidades. O que supón un alcance do 10 por cento dos solicitantes.
Tras o paso pola Comisión de Valoracións, tres son as longametraxes que recibirán 40.000 euros cada unha destas subvencións: 'Lección de botánica', de Animala Estudio Audiovisual, SL; 'Os Salmos', de Anna Kulyk; 'Almas ao unÃsono', de Madre Films SL. Na modalidade de curtametraxes en proxecto seis foron as seleccionadas para recibir 8.000 euros cada unha: 'Acusgramas e Transgrafias' (Belen Cordero Rodriguez); Pedras (MartÃn Romero Outeiral); 'Auras. Visions de cegueira' (Nela Fraga Rivas); 'Viaxe ao infinito' (Avelino David Fidalgo Omil); 'Ardente Garañon' (Anxo Soilán Lage); ' A segunda man' (Alba DomÃnguez Serén). No caso da concesión de axudas a curtametraxes en fase de construción, son dúas as actualmente beneficiadas dedÃcanse 8.000 euros a repartir entre as dúas propostas: 'Quintana Martelo', de Martela Films SL; 'Plumass', de Cru Producións, S Coop Galega. A resolución complétase coas producións que quedan na lista de spera, no caso de que algunhas das previstas non se terminen concretando.