A biblioteca e o arquivo de Carlos Casares intégranse nos fondos da Cidade da Cultura

A Fundación que leva o nome do escritor cedeu este material por trinta anos

10/6/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: literaturapatrimonioCidade da Cultura
33 lecturas | Compartido 0 veces
Seis mil volumes da biblioteca persoal de Carlos Casares, así como 6.995 documentos en papel e 2.477 imaxes do seu arquivo pasarán a formar parte dos fondos do Arquivo e da Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura. A Fundación que leva o nome do escritor acordou cederlle estes bens ao complexo do Gaiás con vistas a facilitar a súa investigación e difusión. O material cédese de xeito gratuíto en réxime de comodato cunha duración inicial de 30 anos, nos cales as dúas entidades se comprometen a colaborar na catalogación e documentación dos fondos.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados
Claves temáticas
Lugares