O Consello da Cultura e a Fundación Casares catalogarán o legado do escritor

Catalogación de Casares

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Todos os fondos do legado de Carlos Casares (1941-2002) van ser catalogados para evitar que se perdan e contribuír á súa mellor difusión. Así o asinaron a semana pasada en Compostela a súa viúva e presidenta da fundación, Kristina Berg, e o presidente do Consello da Cultura Galega, Alfonso Zulueta de Haz. O convenio establece que a institución achegará 12.000 euros para o inventariado e clasificación da biblioteca, do arquivo persoal, da hemeroteca, do arquivo audiovisual, do arquivo epistolar e do arquivo de prensa do finado escritor galego, que foi presidente da institución desde 1996 ata o momento da súa morte.

Máis información no web do Consello da Cultura e en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Casares, Carlos Casares, Morte, La Voz de Galicia...