O Consello da Cultura Galega lembra mañá a Carlos Casares no primeiro aniversario da súa morte

In memoriam

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Un acto literario-musical e outro institucional conforman a homenaxe que o Consello da Cultura Galega lle rende mañá ao seu presidente Carlos Casares, falecido hai agora un ano. Na homenaxe, que comezará ás 12:30, participarán entre outros Kristina Berg, viúva do escritor, Alfonso Zulueta, actual presidente do Consello, Víctor Freixanes, director de Galaxia e os poetas Luz Pozo Garza, Yolanda Castaño ou Salvador García-Bodaño. Ademais do recitado de poemas realizarase unha lectura de “Ilustrísima” e un recital de piano a cargo de Ramón Castromil.

Máis información no web do Consello da Cultura

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlos Casares, Consello da Cultura Galega, Morte, Ramón Castromil...