O presidente da Xunta Alberte Núñez Feijóo, presidirá a homenaxe institucional a Isaac DÃaz Pardo, que comezará ás seis desta tarde na Cidade da Cultura. O evento contará coa presenza de persoeiros do mundo da cultura como o presidente do Consello da Cultura, Ramón Villares Paz, o presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, Justo Beramendi, os arquitectos Andrés Fernández Albalat e Manuel Gallego Jorreto, asà como a da poeta e académica Luz Pozo Garza e do escritor Xavier Seoane. Tamén estará presente no evento Xosé DÃaz, fillo do falecido. A gaiteira Susana Seivane encargarase de lle pór música á homenaxe.