Justo G. Beramendi sucede a Díaz Pardo na presidencia do padroado do Museo do Pobo

O Consello da Cultura Galega toma posesión como novo patrón institucional

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Justo G. Beramendi é o novo presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego. O catedrático da Historia da USC sucederá a Isaac Díaz Pardo neste cargo, e deixará a presidencia da Xunta Reitora do Museo do Pobo, cargo que será ocupado por Francisco Fariña Busto. A vicepresidencia do Padroado seguirá correspondendo a Luciano García Alén, Fernando Acuña Castroviejo, o conselleiro de Cultura e o alcalde de Santiago de Compostela. Segundo a nota de prensa remitida polo Museo do Pobo, "os novos responsables electos reafirmáronse na necesaria fidelidade ao espírito fundacional establecido cando se creou o Padroado, hai agora trinta e cinco anos".

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Isaac Díaz Pardo, USC, Museo do Pobo Galego...