O Museo do Pobo Galego inaugura hoxe mércores 25 de novembro ás 17h da tarde unha pequena mostra sobre a obra miúda do artista Isaac DÃaz Pardo (Santiago, 1920 – A Coruña, 2012), como homenaxe na conmemoración do seu centenario. Esta exposición, que se poderá ver ata o 3 de xaneiro de 2021 no andar do claustro, está organizada pola Oficina de Socios e Socias do Museo do Pobo Galego e comisariada por David Conde Lourido. Ao acto asistirá Justo Beramendi, presidente do Padroado do Museo do Pobo, e o seu director Manuel Vilar. DÃaz Pardo foi membro fundador do Museo do Pobo Galego, do que foi presidente do Padroado desde o ano 2000 ao 2010. En 2006 o Museo do Pobo Galego homenaxeouno impoñéndolle a súa insignia de ouro. A mostra Isaac DÃaz Pardo. Escolma de obra miúda, centrada sobre todo na parte gráfica do artista, inclúe achegas de Xosé Ramón Fandiño, LuÃs Martul TobÃo, Esperanza Delgado Rosende, da familia Taboada Saavedra e da Biblioteca e Colección Museo do Pobo Galego. Entre elas poderanse ver dúas litografÃas orixinais, asà como tamén debuxos e felicitacións de Nadal, folletos de cerámicas do Castro (anos 50) e carteis deseñados para Sargadelos (anos 2000) ou carteis de cego como a historia de Paco Pixiñas (1970) ou O crime de Londres e Castelao, contadas polo cego Zago. O horario para poder visitar a mostra é de martes a sábado de 11h a 18h (horario continuado), os domingos de 11h a 14h. Os luns o Museo do Pobo está pechado. En paralelo a esta mostra a Cidade da Cultura de Galicia acolle a mostra biográfica As miradas de Isaac, comisariada por Xosé e Camilo DÃaz Arias de Castro, fillos de DÃaz Pardo.