O Arenteiro Fotográfico contará con 17 exposicións

O programa desenvólvese entre o 13 de setembro e o 26 de outubro no Carballiño

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
O Arenteiro Fotográfico contará con 17 exposicións

O Auditorio Manuel María de O Carballiño acolle desde o 13 de setembro e ata o 26 de outubro as exposición que fan parte do programa Arenteiro Fotográfico. O encontro que organiza a asociación O Potiños conta nesta xeira cun total de 17 mostras, ás que se suma unha clase maxistral de Gervasio Sánchez, Premio Nacional de Fotografía. A entidade ademais publicará un volume colectivo a recoller os traballos expostos.

O Grupo Bazán, Aurora Soler, Cristina Abilleira, Ale Megale, Alba Chan, Roberto Steinbrügenn, María Tudela, Carlos Muíños, o IES Chamoso Lamas ou Jota Barros son algúns dos protagonistas das mostras. A clase maxistral, de acceso gratuíto con inscrición previa, desenvolverase o vindeiro 11 de outubro ás 17 horas, na Casa da Cultura.

No marco do evento entregaranse o día 13 de setembro os premios do concurso anual deste encontro. O xurado seleccionou as obras de Luis María Barrio, que levou o primeiro premio, Javier Arcenillas, que se fixo co segundo, e Mario Matías Pereda para o terceiro posto. En total presentáronse á convocatoria case duascentas obras de todo o Estado.

Que che parece esta nova?
107 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carballiño, Exposicións, Manuel María, Fotografía...