Co lema "Historia, Arte e Arquitectura Relixiosa nas comarcas do Carballiño e Ribeiro" o Centro de Estudos Chamoso Lamas celebra o seu XIII Congreso. A vila do Carballiño acollerá entre os dÃas 4 e 6 de outubro este programa que presta unha especial importancia ao legado do arquitecto Antonio Palacios cando se fan 150 anos do seu nacemento.
Deste xeito, proxectarase o documental O andar da Pedra, sobre a historia do Templo da Veracruz, realizado por Palacios. Ademais, haberá unha conferencia con esta figura como protagonista a cargo do Catedrático emérito da Facultade de Arquitectura e Urbanismo da Universidade Politécnica de Madrid José Fariña Tojo, e José Manuel Mouriño presentará o seu proxecto Atlas Palacios 2024-2026. O programa inclúe ademais unha visita ao patrimonio arquitectónico do arquitecto que se conserva en Mondariz-Balneario.
Canda a isto, haberá intervencións sobre cuestións como os palcos da música da comarca, as antigas tabernas como "centros de difusión e animación patrimonial", a escultura castrexa, a danza de Xuvencos, o cemiterio de Sta. MarÃa do Campo ou a relixiosidade popular na zona.
Tamén haberá conferencias sobre a Vila Romana de Coto dos Mouros, o castelo de Castro Cabadoso ou diferentes aspectos da viticultura no Ribeiro. Ademais, en paralelo ao congreso poderá verse a exposición fotográfica O Carballiño e O Ribeiro no obxectivo de Chamoso Lamas.