O grupo boirense Triángulo de Amor Bizarro, é un dos seleccionados para participar nunha serie de directos que terán lugar en Bilbao, e que serán filmados e transmitidos a través da canle 'Live on KEXP' de You Tube. Esta histórica emisora de radio, con sede en Seattle e que forma para da rede de emisoras públicas de radio dos EUA, foi das primeiras en dar difusión a bandas como Nirvana ou Pearl Jam e pola súa canle de YouTube, que acumula 3,7 millóns de seguidores sendo unha referencia indispensable na difusión mundial de música, pasan bandas de primeiro nivel da escena internacional alternativa de todos os xéneros como Arctic Monkeys, Charles Bradley, Bomba estéreo, The XX e outros moitos, chegando os seus vídeos de actuacións en directo a acumular ducias de millóns de reproducións.
Entre os días 28 e 31 de outubro de 2025, a Igrexa da Encarnación (S.XV) será o escenario no que durante catro xornadas gravaranse e emitiranse sesións en directo dun feixe de bandas seleccionadas da escena española e hispanoamericana para ser compartidas con audiencias de todo o planeta. Na primeira quenda de confirmacións, entre os 11 nomes está o de Triángulo de Amor Bizarro, banda de referencia da música indepdendete e o rock alternativo con varios discos publicados e numeorsos premios acadados. O conxunto de artistas ofrecerá unha mestura de sons indie, post-punk, flamenco, experimentais e urbanos. Todo isto ocorrerá durante o encontro BIME que ese días ten lugar en Bilbao, no marco do encontro internacional de industrias musicais BIME e co soporte de Sounds from Spain, entre outras institucións. Esta é a primeira vez de KEXP fai os seus directos desde España.