Triángulo de Amor Bizarro encabeza a presenza galega nos Premios MIN

Acumulan catro candidaturas nos galardóns estatais da música independente

26/5/2021 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Triángulo de Amor Bizarro. Fonte: Premios MIN

Os Premios MIN 2021, principais galardóns da música independente a nivel estatal, daban a coñecer na mañá deste 26 de maio os nomes das propostas que competirán na final das vinte categorías en que se organizan. Da escena sonora galega destacan entre os finalistas as catro candidaturas que acumula Triángulo de Amor Bizarro. O grupo de Boiro opta a se facer cos recoñecementos a Mellor Artista do ano, así como aos de Mellor Produción, Álbum do ano e Mellor Álbum de Rock polo seu oɹɹɐzıqɹoɯɐǝpolnƃuɐıɹʇ.

Canda a eles, destacan as dúas candidaturas que conseguen Boyanka Kostova, que aspiran a se facer aos recoñecementos á Mellor Grabación de Músicas Urbanas e a Mellor álbum en galego con Os dous de sempre. Nesta última categoría, o dúo compite con Guadi Galego, por Costuras, Moura, co seu disco homónimo, Néboa con A realidade enganosa e o Latexo de Xosé Luís Romero e Aliboria.


A estes súmase a viguesa Dani, candidata ao Mellor Álbum de Pop co seu Veinte, Baiuca, que pode levar o recoñecemento á Mellor Gravación de Electrónica polo seu traballo en Paisaxes e mais Lucía Martínez and the Fearless, que aspiran co seu traballo homónimo ao Premio AIE ao Mellor Álbum de Jazz.

A Unión Fonográfica Independiente (UFi), organizadora dos premios, entregará estes galardóns, escolleitos por un xurado profesional logo dunha fase de votacións populares, o vindeiro 16 de xuño nunha gala que se desenvolverá en Burgos presentada por Rodrigo Cuevas.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Triángulo de Amor Bizarro, Rock, Boiro, Pop...