Triángulo de Amor Bizarro e Novedades Carminha finalistas e competidores nos Premios MIN

Ademais dos cinco finalistas por Disco en galego outros artistas como Xoel, Malándrómeda e Abe Rábade optan a galardóns estatais

Ademais dos cinco finalistas por Disco en galego outros artistas como Xoel, Malándrómeda e Abe Rábade optan a galardóns estatais
Foto promocional de Novedades Carminha na publicación do seu cuarto disco, 'Campeones del mundo' (Ernie Records, 2016). Foto: LINO ESCURÍS
A música independente feita en Galicia segue demostrar a súa forza e bo momento. Proba diso é Triángulo de Amor Bizarro (TAB) que segue a colocar o seu disco Salve Sumeria en todos so referentes de éxito da música independente. Neste caso o grupo e o seu disco optan con sete candidaturas como finalistas nos Premios MIN da Música Independente, só o rapeiro Kase.O iguala ao grupo do Barbanza en candidaturas. Ademais deles tamén Novedades Carminha con Campeones del mundo recibe o recoñecemento como finalista en catro candidaturas conseguindo así ter pasado as fases de votación populares a inicial do xurado. As dúas bandas galegas competirán entre elas en con outras tres finalistas nos Premios ao Mellor disco do ano, Mellor artista e Mellor Deseño Gráfico. Ademais TAB competirá tamén con Xoel López na categoría de Mellor directo do ano 2016. O coruñés levantou o pasado ano dous destes premios polo seu disco Paramales. Alén disto o trío colocase como finalistas nas categorías de Mellor Canción, por Baila Sumeria, Mellor Álbum de Rock e Mellor Produción Musical para Carlos Hernández polo traballo feito con Salve discordia. Pola súa banda Novedades Carminha buscarán levar o premio ao Mellor Album Pop. Tanto TAB como Novedades carminha xa foron recoñecidos a primeiros do ano aparecendo so seus traballos de xeito moi destacado nas listas elaboradas polos principales medios de comunicación sobre música independente.

Nesas listas de primeiros de ano tamén estaba a banda Malándómeda, qyue neste caso tamén consegue dúas candidaturas co seu disco Cada can que lamba o seu carallo co que son finalistas na categoría de Mellor Álbum de Hip Hop e Músicas Urbanas ademais de entrar tamén entre os cinco que recollerán o galardón a Mellor Álbum en Lingua Galega. Nesta categoría chegan á final Guadi Galego con O mundo está parado; Eladio y los Seres queridos por Cantares; Caxade por E isto é amor e os ourensáns Os amigos dos músicos co disco homónimo. Abe Rábade Trío consegue meter Once entres discos finalistas no Premio a Mellor álbum de jazz. Estes galardóns creados en 2009 nacen para recoñecer a creación, a diversidade e a calidade artística das producións independentes realizadas en España. Os gañadores coñeceranse o vindeiro día 28 de marzo nunha gala que se celebrará no Teatro Nuevo Apolo de Madrid e que se retransmitirá pola canle Flooxer.