Triángulo de Amor Bizarro lidera as candidaturas aos III Premios da Música Independente

A banda galega compite en nove categorías

1/6/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Álbum do Ano, Canción do Ano, Mellor Artista Español, Mellor Álbum de Rock, Mellor Directo, Mellor Produción Musical, Mellor Videoclip, Mellor Deseño Gráfico e Mellor Fotografía Promocional. A banda galega Triángulo de Amor Bizarro é a que acumula máis candidaturas nos III Premios da Música Independente, que teñen aberto desde hoxe e ata o vindeiro 15 de xuño o prazo de votación a través do seu web. Canda a eles, o grupo Dakidarría opta ao premio ao Mellor álbum de Música Urbana, con Realidades Alienantes, mentres Too many knobs de Colectivo Oruga pode levar o premio ao Mellor álbum de Música Electrónica. No Mellor álbum de Jazz, dúas das cinco candidaturas xorden do noso país. É o caso do Sons-Nús de Maite Dono & Baldo Martínez e mais Zigurat de Abe Rábade.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Triángulo de Amor Bizarro, Abe Rábade, Fotografía, Jazz...