As candidaturas aos Premios da Música Independente (MIN) contan cunha importante presenza galega na súa oitava edición. Xoel López é o autor que acumula máis candidaturas, con Entremales a optar ao mellor álbum do ano e a mellor álbum de pop, Todo lo que mereces á mellor canción, e o propio Xoel como finalista ao mellor artista e ao mellor directo. Pola súa banda, Davide Salvado, con Lobos, pode facerse co galardón ao mellor álbum de músicas do mundo e compite ademais na categorÃa de álbum en galego. Nesta última categorÃa están tamén presentes Tronzar os valos de Ses, Al otomano se le va la mano de Terbutalina, Grado a Grao de Rúsicak e mais The Tambourine Man de Xabier DÃaz e Adufeiras de Salitre.
Onte mesmo comezaba o prazo para a votación popular das candidaturas. Os resultados daranse a coñecer o vindeiro 19 de abril nunha gala que se celebrará no Teatro Nuevo Apolo de Madrid.
Onte mesmo comezaba o prazo para a votación popular das candidaturas. Os resultados daranse a coñecer o vindeiro 19 de abril nunha gala que se celebrará no Teatro Nuevo Apolo de Madrid.