As nove candidaturas coas que Triángulo de Amor Bizarro chegaba á gala dos III Premios da Música Independente xa permitÃan sentenciar que a súa proposta musical era todo un éxito antes da entrega de premios e as votacións confirmaron esa sentencia. Mellores artistas de 2011, mellor álbum, mellor álbum de rock e mellor directo foron as catro categorÃas nas que TAB conseguiron levarse os premios convocados pola Unión Fonográfica Independente. O seu disco Año Santo (Mushroom Pillow, 2010) xa foi anteriormente gabado pola gran maiorÃa dos crÃticos da música independente e saÃa destacado en todas as listas do 2010. O grupo actuou en directo durante a gala dos premios celebrada onte na Casa de América de Madrid. Cabe destacar tamén no palmarés dos premios a presenza de Abe Rábade recoñecido co premio ao mellor álbum de jazz polo seu disco Zigurat. O premios decidÃronse por votación popular previa selección dos finalistas por un xurado profesional.