Xoel López finalista en catro categorías dos Premios MIN

Con 'Sueños y Pan' López é o artista galego con máis opcións a premio este ano

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Capa do disco

Capa do disco

Grazas ao disco Sueños y Pan (Esmerarte, 2018) que Xoel López presentou o pasado mes de outubro o artista conseguiu meterse como finalista en catro categorías da Xª edición dos Premios MIN da música independente. Xoel está entre os cinco candidatos estatais ao Premio ao Mellor Artista do 2017. O dseu disco opta tamén aos galardóns por Mellor Álbum Pop e á Mellor Produción. Ademais unha das cancións do disco Madrid é finalista na categoría de Mellor Canción do ano. O xurado dos premios da música independente do país tamén Terán que ter enconta a dúas bandas galegas á hora de decidir premiar o Mellor Directo de 2017, entre os cinco finalistas deste recoñecemento están Novedades Carminha e Triángulo de Amor Bizarro, estes últimos ademais tocarán na gala de entrega dos premios. O deseño gráfico de Niko Alvarellos para o disco Uxia-o de Uxía é tamén finalista nesa categoría. O Premio ao Mellor Disco en Lingua galega decidirase finalmente entre Fainos saír, de Atrás Tigre; Xardín interior, de Esposa; Livres e loucas, de Habelas hainas; Quixera ser dos paxaros,de Os d´abaixo, e a propia Uxia. A ceremonia de entrega terá lugar o vindeiro 14 de marzo no T

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xoel López, Pop, Novedades Carminha, Triángulo de Amor Bizarro...