Xosé Díaz: "Deixounos a difícil tarefa de recompoñer o seu legado moral e material"

A Cidade da Cultura acolle a Homenaxe oficial a Isaac Díaz Pardo

9/2/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: sociedade
16 lecturas | Compartido 0 veces

A viúva de Díaz Pardo co presidente da Xunta e outros representantes das Administracións. Foto: Xunta

A Biblioteca da Cidade da Cultura encheuse onte da sociedade política e cultura galega na homenaxe que se lle rendiu a Isaac Díaz Pardo, organizada pola Xunta. Os oradores salientaron as facetas creativas, empresariais e o compromiso de Díaz Pardo con Galicia. Coa música de Susana Seivane, diferentes membros do mundo da cultura vinculados ao galeguista fixeron unha valoración da súa vida e obra.
O arquitecto Fernández Albalat destacou que se tratou dun dos "mellores pintores figurativos do século XX" en Galicia e o Presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, salientou como "a memoria marcou toda a súa vida" porque, segundo Villares, Díaz Pardo, "tivo unha idea fixa: construír un futuro para galicia con memoria e sen divisións sectarias". O Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, sinalou que xente como Díaz Pardo, "logrou que nos vexamos como un pobo capaz, creativo, apto para empresas colectivas".

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego