Alfonso Zulueta de Haz será elexido coma novo presidente do Consello da Cultura Galega no pleno extraordinario desta Institución que se celebra as seis e media desta tarde. A candidatura do actual presidente en funcións do Consello foi a única presentada para substituir ó recentemente falecido Carlos Casares. Precisamente unha declaración de pesar pola morte de Carlos Casares será o outro punto tratado na orde do dÃa do plenario.
A elección
A elección do novo presidente do Consello da Cultura realizarase nun pleno extraodinario ás seis e media desta mesma tarde. Pechado onte o prazo de presentación de candidaturas, a única proposta era a de Alfonso Zulueta de Haz, vicepresidente deste organismo baixo o mandato de Carlos Casares e presidente en funcións desde o repentino falecemento do escritor o pasado nove de marzo.
Zulueta contou na súa presentación co apoio de dez dos membros do plenario, sete máis do mÃnimo previsto polo regulamento do Consello para formalizar unha candidatura.
A votación, que se desenvolverá na sede do Consello en Compostela, será secreta e Zulueta precisará dunha maiorÃa simple para ser elexido. De calquera xeito, este nomeamento non será efectivo ata que sexa publicado no Diario Oficial de Galicia. O mandato dos presidentes do Consello da Cultura está fixado pola lei nun máximo de catro anos.
O outro punto na orde do dÃa do pleno extraordinario é a aprobación dunha declaración institucional de pesar polo pasamento de Carlos Casares. Despois da xuntanza Henrique Monteagudo, secretario do Consello da Cultura ofrecerá unha rolda de prensa na que lerá a acta do pleno.
Zulueta de Haz
Alfonso Zulueta de Haz, nacido en Pontevedra en 1924, é licenciado e conta con cursos de doutoramento en Dereito. Conta cunha ampla traxectoria dentro do Consello da Cultura Galega e participou no anteproxecto para unha Lei de Dereito Civil Galego realizada por este organismo. A súa relación co mundo da cultura vén tamén de antigo, sendo un dos fundadores e primeiro presidente do Ateneo de Pontevedra nos anos sesenta e exercendo coma vicepresidente no Cineclube desta cidade entre 1962 e 1976.
No eido polÃtico participou a creación do Partido Galego Social Demócrata e integrouse no Partido Galeguista. Actualmente é presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, vicepresidente da Fundaci—n Penzol, conselleiro da Editorial Galaxia, AcadŽmico de Honra da Academia de Lexislaci—n e Xurisprudencia de Galicia, presidente da Fundaci—n Pedras Vivas e presidente da Editorial SEPT (Sociedade de Estudios, Publicaci—ns e Traballos) entre moitos outros cargos.
Consello da Cultura
O Consello da Cultura Galega é un organismo autónomo creado en cumprimento do disposto no Estatuto de AutonomÃa de Galicia. As súas funcións son as de asesorar á Xunta en materia de defensa e promoción da cultura, tendo ademais por obriga a investigación, promoción e difusión da lingua e da cultura galegas. capacidade de iniciativa, investigación e organización propias. Na súa composición inclúense representantes de entidades de relevancia e persoeiros destacados nos diversos campos da cultura galega.