Os versos de Salvador García-Bodaño (Vigo, 1935) encherán o 21 de marzo a Real Academia Galega. A institución dedicaralle ao escritor e académico o Día Mundial da Poesía cun recital público no que voces das letras galegas de distintas idades lerán e comentarán poemas do autor, un dos grandes nomes da xeración dos 50. A parte musical correrá a cargo de Miro Casabella, que converteu versos do homenaxeado en cancións. O académico de honra Arcadio López-Casanova, compañeiro naqueles anos, asina a loanza da homenaxe. A celebración terá lugar a partir das 19:30 horas do xoves 21 de marzo no salón de actos da RAG, institución á que Salvador García-Bodaño pertence como membro de número desde 1992. Recitarán os seus versos Dorés Tembrás, Xulio López Valcárcel, Alba Cid, Baldo Ramos e os membros da Academia Luz Pozo Garza, Margarita Ledo Andión, Xosé Luís Franco Grande, Darío Xohán Cabana, Helena Villar Janeiro e Marilar Aleixandre. Andrea Porto conducirá o acto, que abrirá o presidente Víctor F. Freixanes e pechará o académico Xesús Alonso.
García-Bopaño (Teis, Vigo 1935) é poeta, narrador, crítico de Arte e columnista de temas culturais e sociais. Pertence á Xeración das Festas Minervais. Formouse intelectualmente en Santiago de Compostela, dende onde desenvolveu unha dilatada actividade cultural e política. Procurador dos Tribunais. Numerario da Real Academia Galega. Membro do Padroado Pedrón de Ouro, cofundador, entre outras, da Asociación Cultural O Galo, do Museo do Pobo Galego, da Asociación de Escritores en Língua Galega e do PEN Clube de Galicia. Colaborou nos xornais La Noche, El Correo Gallego, El Ideal Gallego e La Voz de Galicia, na Gran EnciclopediaGallega,nas revistas Grial, Dorna ou Luzes de Galiza. Premio Xunta de Galicia de Creación Cultural 1988.