Estrea mundial dunha nova sinfonía do Mestre Rogelio Groba

A OSG interpretará este mércores a Sinfonía nº 16, "Voces da terra"

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Rogelio Groba

Rogelio Groba

A Orquestra Sinfónica de Galicia estreará este mércores, 9 de novembro, en concerto a nova obra do mestre Rogelio Groba (Ponteareas, 1930). O compositor galego escribiu a súa Sinfonía nº 16, "Voces da terra" por encargo para a OSG, como parte da celebración do 30 aniversario da formación que se celebra esta temporada. A estrea mundial desta composición irá acompañada no programa deste mércores da interpretación da peza de Ramón Humet "In The Distance for Orchestra", obra gañadora do XIV Premio Andrés Gaos da Deputación da Coruña, que tamén se estrea nesta velada coa OSG dirixida por José Trigueros. En declaracións ao xornal La Voz de Galicia, o mestre Groba define a súa nova creación sinfónica como "unha sinfonía festiva que utiliza como inspiración os catro elementos clásicos da filosofía presocrática: vento, auga, terra e lume, que tanto influíron na cultura e pensamento europeo". Aos seus 92 anos Rogelio Groba é un dos compositores galegos máis destacados que conta con máis de 600 composicións rexistradas entre cantatas, óperas e lieders, entre outras pezas.

Que che parece esta nova?
95 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sinfonía, Rogelio Groba, OSG, Orquestra Sinfónica de Galicia...