Javier Prado aposta polo blues en galego con O cadelo lunático

Malos Tempos achega once temas que inclúen textos de Celso Emilio

17/12/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Javier Prado é coñecido polo seu traballo como voz e guitarra de Moondogs Blues Party. Agora, inicia un proxecto paralelo, O Cadelo Lunático, no que aposta polo blues en galego. Malos Tempos é o seu primeiro álbum, no que Prado conta con Belén Tajes para voz e teclado, Olalla Ferga na batería e María Gómez no baixo. No novo proxecto, que edita Inquedanzas Sonoras, o conxunto aposta por un son máis crú para o seu traballo en comparación co que Prado viña facendo na súa banda. En total son once temas nos que as composicións propias combínanse con poemas de Celso Emilio Ferreiro e de Cristina Corral.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Blues, Celso Emilio Ferreiro, Poemas

Claves

Protagonistas
Conceptos