Samarúas bota a andar con Prólogo

A banda folk presenta este mes de xaneiro o seu primeiro disco

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Samarúas bota a andar con Prólogo

Tardaron case seis anos, e moitos concertos, en entrar no estudio de gravación. Samarúas acaba de presentar este mes de xaneiro Prólogo, o seu primeiro álbum autoeditado. Sete temas compoñen este lanzamento que aposta polo instrumental, con só tres temas cantados que adaptan poemas de Celso Emilio Ferreiro, Xosé Iglesias e unha letra propia. A formación achega un son complexo que combina "temas propios cos tradicionais nun folk fresco con personalidade propia" mercé ao traballo dos seus sete membros. Miguel Vázquez (Gaita e saxo), Antonio Prado (Percusión), Tania Caamaño (Voz e percusión), Fran Barcia (Acordeón), María Blanco (Violín), Carlos Barcia (Guitarra) e Isaac Pérez (Batería). O álbum ten como capa unha obra de Manfred Gnädinger Man.

Que che parece esta nova?
101 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Riobó retorna con Quiral

Riobó retorna con Quiral

O quintento folk combina temas tradicionais con interpretacións contemporáneas no novo traballo

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Folk, Celso Emilio Ferreiro, Xosé Iglesias, Medios de comunicación