Riobó retorna con Quiral

O quintento folk combina temas tradicionais con interpretacións contemporáneas no novo traballo

24/4/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Temas da tradición interpretados co virtuosismo do folk contemporáneo. Esta é a proposta na que afonda Riobó con Quiral, o seu segundo disco. Gaita, da man de Marcos Campos, frauta e requinta, con Fernando Pérez, a guitarra de Fernando Barroso, o bouzouki de Xosé Liz, e mais o violín de Begoña Riobó acompañan melodías que en moitos casos recollen o xeito de tocar das Rías Baixas. Nove temas instrumentais amosan o bo facer do quinteto, que comeza a finais deste mes de abril a súa xira de presentación.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Folk, Xosé Liz, Rías Baixas

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares