Fernando Barroso debuta en solitario con Intropía

As guitarrass son as grandes protagonistas deste álbum de debút

19/5/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: música
38 lecturas | Compartido 0 veces

Logo das súas colaboracións con Luís Peixoto, Riobó, Coanhadeira, Os Cempés ou Assembly Point, Fernando Barroso lanza o seu primeiro álbum en solitario. O ferrolán dálle ás guitarras todo o protagonismo en Intropía, dezasete temas acústicos e instrumentais nos que contou con colaboracións como as de Xabier Díaz, Isaac Palacín, Xose Manuel Budiño, Begoña Riobó, Manuel Paino e Oscar Fernández, entre outros. Bouzouki, mandolinas, cavaquinhos ou violas portuguesas danse cita nunha exploración constante das posibilidades das cordas nun álbum que nace da "necesidade de voltar ás orixes. Reflexionar, crear e controlar o caos, para asignarlle un certo valor de beleza".

Universo culturagalega.gal

24/04/2015

Riobó retorna con Quiral

O quintento folk combina temas tradicionais con interpretacións contemporáneas no novo traballo

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Budiño, Budiño, Xabier Díaz

Claves