Riobó presenta o seu primeiro disco

A violinista Begoña Riobó dá o seu salto cunha formación de veteráns do folk

13/5/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Foto: Zouma Records

O apelido de Begoña Riobó, recoñecida violinista do panorama folk galego, sérvelle de nome á formación que lidera e mais ao primeiro disco da mesma. Riobó chega ás tendas da man de Zouma Records, e recupera melodías tradicionais con arranxos actuais dentro do estilo presentando 10 temas neste traballo. Para alén de Begoña, o grupo conta con Fernando Barroso (guitarra), Marcos Campos (gaita, acordeón e flautas), Xosé Liz (bouzouki), e Fernando Pérez (flautas e requinta). Begoña Riobó ten acompañado cos seus violíns de xeito habitual músicos como Carlos Núñez, Susana Seivane ou Anxo Lorenzo entre outros.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

24/04/2015

Riobó retorna con Quiral

O quintento folk combina temas tradicionais con interpretacións contemporáneas no novo traballo

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Folk, Carlos Núñez, Xosé Liz, Anxo Lorenzo...