Sonia Lebedynski debuta en solitario con Deserto de centos

A cantora mestura diferentes estilos no seu primeiro álbum

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Sonia Lebedynski debuta en solitario con Deserto de centos

Logo de pór voz en Fía na Roca e de colaborar en numerosos proxectos musicais, Sonia Lebedynski inicia carreira en solitario. O vindeiro tres de maio sae á venda Deserto de centos, un álbum no que a cantora revélase tamén como autora a mesturar tradición, folk, funk, pop ou música brasileira. O proxecto, desenvolvido con Sérgio Tannus, conta con colaboracións como as de Xosé Lois Romero, Guadi Galego, Uxía e Óscar Losada. A festa de presentación celebrarase o vindeiro 8 de maio no Miramar de Boiro, mentres a estrea ao vivo está prevista para o vindeiro 26 de maio en Compostela. Para as actuacións ao vivo Lebedynski estará acompañada de Sérgio Tannus, Carlos Freire, Roberto Comesaña, Martiño Domínguez, José Manuel Díaz, Manu Paino e Jose Luis Miranda, nunha formación que combina metais, percusión, cordas e acordeón entre outros instrumentos.

Que che parece esta nova?
76 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sérgio Tannus, Manuel Díaz, Guadi Galego, Xosé Lois Romero...