O primeiro disco de Sergio Tannus, Son brasilego sairá en edición dixital o vindeiro 12 de decembro e chegará ás tendas fisicamente o 18 do mesmo mes. O álbum parte da formación do Sergio Tannus Trio, que integra a Serginho Sales (piano, teclados e acordeón) e Paulo Silva (percusión e voz), pero conta cunha nutrida lista de colaboradores que inclúen a Ceumar, Antonio Zambujo, UgÃa Pedreira, Joao Afonso, Najla Shami, Xabier DÃaz, Aline Frazão, Narf, Couple Coffee, Carlos Blanco, Emilio Rúa, Xoan Curiel ou o Coro da Rá ata un total de 40 colaboradores.
O proxecto, coa mestizaxe entre Galicia e Brasil como bandeira, amosa unha fusión de sons de raÃz do noso paÃs cos múltiples ritmos do paÃs carioca. Tannus mantén aberto no web Verkami un proxecto de Crowdfunding para que os interesados poidan colaborar en sufragar a gravación do álbum.
A presentación do álbum aos medios farase o vindeiro 12 de decembro ás 21 horas no pub compostelán Casa das Crechas, mentres o concerto inaugural está previsto para o 18 do mesmo mes no Teatro Principal desta cidade.