Sérgio Tannus continúa coa música para os máis novos con Alegría!

O libro disco sae da man da editorial Galaxia na colección Sonárbore

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Trece cancións e mais un conto, con ilustracións de Luís Baralla, compoñen o último traballo de Sérgio Tannus. O canto "brasilego", como el mesmo se define, debuta como escritor no último lanzamento de Galaxia coa colección Sonárbore. Alegría! conta a historia de Allegra, un bichiño que busca mellorar o seu estado de ánimo. Unha viaxe e o encontro con novos amigos axudaranlle a mudar a súa perspectiva sobre a vida. Temas optimistas, na liña do traballo que o autor xa amosou en obras como María Fumaça, compoñen o proxecto. O Festigal acollerá, o vindeiro 25 de xullo, a presentación do álbum en Compostela.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sérgio Tannus, Editorial Galaxia, María Fumaça, Santiago de Compostela