Dez textos de Celso Emilio Ferreiro farán parte dunha antoloxía dos mellores poemas do século XX

Celso Emilio, dez

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A antoloxía “Done into English” que está a preparar a editora irlandesa Gallery Press incluirá entre os mellores poemas do século XX dez composicións do galego Celso Emilio Ferreiro. As versións inglesas de textos coma “Monólogo do vello traballador”, “Unha vez” ou “Cimenterio de cidá” entre outras de “Longa noite de pedra” compartirán espacio cos de sesenta e nove autores de todo o mundo ata completar cento cincuenta poemas, segundo publicaba onte “La Voz de Galicia”.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Celso Emilio Ferreiro, La Voz de Galicia, Lingua galega

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos