O Parlamento de Galicia declara o 2012 como o ano Celso Emilio Ferreiro

Cúmprense cen anos do nacemento do escritor de Longa noite de pedra

13/10/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O vindeiro ano cumpriranse cen anos do nacemento de Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912- Vigo, 1979). E a efeméride celebrarase dedicando o 2012 como o ano do escritor de Longa noite de pedra, o que supón a difusión da biografía, así como a implicación das institucións públicas. A iniciativa chegaba do Partido Popular, que destacou o labor de Celso Emilio como renovador da Literatura galega así como a súa gran calidade. Sen embargo, malia o apoio do PSdG-PSOE e o BNG á proposta, denunciaron a “manipulación” da súa biografía a cargo dos populares.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis

Do mesmo ámbito

04/01/2012

Celso Emilio por si mesmo

O Consello da Cultura dispoñibiliza unha gravación na que o poeta fala polo miúdo da súa vida

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Celso Emilio Ferreiro, Parlamento de Galicia, Literatura, PSOE...